Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito no Sáhara Occidental

Nova xuntanza entre a Polisario e o goberno marroquí, esta cuarta en NY

A reunión, de carácter informal e impulsada pola ONU, servirá para escenificar a postura enrocada de Marrocos após case dous anos de se interromper a negociación.

Redacción - 12:05 10/02/2010

O conflito no Sáhara Occidental, orixinado pola ocupación do territorio saharauí por parte de Marrocos, volve ao centro da atención das Nacións Unidas co desenvolvemento este martes dunha reunión informal en Nova York entre emisarios da Fronte Polisario e do goberno marroquí, marcada pola folga de fame da activista saharauí Aminetu Haidar.

A ONU -que por medio do seu secretario xeral, Ban Ki-moon, e do seu enviado especial para o Sáhara Occidental, Christopher Ross, impulsa o encontro- agarda que serva de resorte para reactivar as negociacións iniciadas en xuño de 2007, continuadas en agosto dese ano e en xaneiro e marzo de 2008, cando ficaron interrompidas (houbo unha outra cita informal en Viena en agosto de 2009).

Á xuntanza tamén asistirán delegados de Alxeria e de Mauritania, veciños dos dous antagonistas. Segundo a ONU, esta prodúcese ao abeiro da resolución 1.871, adoptada polo Consello de Seguridade o pasado mes de abril, que estabeleceu novas conversas informais co fin de chegar a unha quinta rolda de negociacións.

A semana pasada, Ban Ki-Moon eloxiou a reactivación dos contactos e instou a avanzar sen condicións previas cara a "unha solución política xusta, duradeira e mutuamente aceptábel que propicie a autodeterminación do pobo do Sáhara Occidental".


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: