Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ENTRE DENUNCIAS DE IRREGULARIDADES

Yanukóvich vence a Timoshenko na carreira pola presidencia ucraína

Con perto do 90% do voto escrutado, o candidato prorruso superou en case 2,7 punto á primeira ministra.

Redacción - 09:18 08/02/2010

Viktor Yanukóvich, líder do Partido das Rexións, venceu este domingo á actual primeira ministra, a nacionalista Iulia Timoshenko, nas eleccións presidenciais de Ucrania. Aínda que por unha marxe escasa (2,7 puntos co 86% do voto escrutado), o triunfo de Ianukovic foi unha sorpresa.

A participación foi elevada (69%) e a xornada electoral semellaba relativamente tranquila. Porén, os partidarios de Timoshenko denunciaron nas últimas horas a existencia de irregularidades e anunciaron batalla xudicial.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: