Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Alta resolución

Que foto de Marte queres ver hoxe?

A NASA pon en marcha unha web para que se pode suxerir onde se fixará o obxectivo da súa sonda marciana.

Redacción - 10:30 31/01/2010
Unha das imaxes seleccionadas / NASA

Unha das imaxes seleccionadas / NASA

A NASA está a publicar na web imaxes de alta resolución da superficie de Marte tiradas pola sonda Mars Reconnaissance Orbiter. As fotografías en moitos casos amosan paisaxes insólitas e moi afastadas do que se presupón un enorme deserto vermello.

Agora, coa colaboración da Universidade de Arizona, a axencia espacial estadounidense fixo un chamamento aos internautas para que suxiran que zonas do planeta se van fotografar. Dun xeito participativo, os usuarios da web poden facer peticións e suxestións sobre as próximas tomas, unha vez se recompilaron xa máis de 13 mil imaxes.

A edición dixital de Wired fixo unha escolma dalgunhas das imaxes máis sorprendentes da superficie marciana, que amosan cráteres ou dunas de formas e cores sorprendentes.


3,67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: