Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Descubrimento da NASA

A auga marciana relanza a investigación sobre a habitabilidade de Marte

O achado da sonda espacial Phoenix dálle novos azos aos estudos sobre se o planeta Marte foi ou pode ser algún día habitábel.

Redacción - 10:30 01/08/2008

"O feito de que existe auga en Marte resolve un dos desafíos que tiñamos", explicou para a BBC Mario Acuña, astrofísico da NASA que leva tempo participando en misións relacionadas con Marte, "agora hai que determinar se existiron bacterias ou elementos biolóxicos, o que será un salto moi grande".

"Primeiro, non temos osíxeno, non hai unha atmósfera que conduza a vida tal e como a coñecemos", di Acuña, "ademais está o problema da radiación ultravioleta en Marte, que destrúe a vida na superficie". Willian Boynton, responsábel de operacións coa sonda, subliñou que malia as probas previas sobre a existencia de auga nese planeta "é a primeira vez que a auga marciana foi tocada e analizada".

Phoenix tomou terra no ártico marciano o 25 de maio, nun área inexplorada da superficie do planeta. A pa mecánica da sonda recolleu mostras diversas do solo de Marte para analizalas a través dos instrumentos que leva incorporados. Os científicos non atoparon aínda material orgánico nas mostras, e agardan poder revelar novas e gorentosas informacións durante as próximas semanas. Alén dos posíbeis descubrimentos sobre a existencia ou non de vida nalgún momento, os científicos agardan saber se hai zonas habitábeis no planeta, onde existise auga de cando e vez.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: