Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
'IGADI Annual Report 2009-2010'

Un novo atlas mundial para 2010

Baixo o título Atlas para un novo artellamento mundial, reflexiona sobre as tendencias de transición e transformación do escenario internacional.

Redacción - 11:15 21/01/2010

Por terceiro ano consecutivo, o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi) publica o seu Igadi Annual Report 2009-2010, un documento elaborado como síntese analítica dos principais acontecementos de 2009, as perspectivas no escenario internacional para 2010, así como diversas reflexións transversais e por escenarios xeográficos.

Baixo o título Atlas para un novo artellamento mundial, reflexiona sobre as tendencias de transición e transformación do escenario internacional, que marcarán un evidente cambio hexemónico de poder desde o mundo atlántico cara a Asia-Pacífico.

Así, identifícanse como os principais acontecementos de 2009 a recesión económica global, o achegamento entre os EUA e China, as tensións políticas e militares en Irán e na rexión andina e sudamericana, así como a polémica sobre o cambio climático.

Paralelamente, e albiscando as posíbeis tendencias de 2010, aprécianse as vicisitudes da emerxencia global da India; os avatares da política rusa baixo Putin e Medveded; o contexto "post-Lula" en Brasil; as relacións transatlánticas e o futuro da Unión Europea; e os retos do novo goberno en Xapón.

Autores

No marco das reflexións por áreas xeográficas, que contan coa colaboración de destacados analistas e investigadores do acontecer internacional, copan a atención os retos de Obama (Jared D. Larson); os desafíos do novo ciclo electoral en América Latina (Roberto Montoya); o peso do Leste asiático como rival dos EUA e da UE (Masashi Oki); o escenario africano (David Alvarado) e a Europa do Tratado de Lisboa (Xosé Manuel Figueiras).

Finalmente, o Igadi Annual Report 2009-2010 aborda outras perspectivas analíticas de carácter transversal, tal como a crise económica mundial (Alfredo Toro Hardy); a conta atrás para os Obxectivos do Milenio da ONU (Angels Mataró); os perigos da proliferación nuclear (Roberto Mansilla Blanco); os retos para a democracia (reflexión realizada polo recentemente falecido Fernando Pérez-Barreiro Nolla) e a necesidade dunha axenda global ambiental, especialmente após o fracaso do cumio de Copenhaguen (Carlos Vales).


Ligazóns

5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: