Segundo as primeiras informacións, os detidos, un deles menor de idade, pertencen ao movemento independentista e foron descubertos nun control preventivo.
Arredor das 03:00 horas da madrugada deste xoves foron detidos no municipio de Pontevedra dous mozos que circulaban nun automóbil no que se atoparon explosivos caseiros. Segundo Europa Press, os xóvenes “están vinculados ao movemento independentista” e circulaban con cinco litros de gasolina, unha ducia de petardos, seis botellas de camping gas e un cóctel molotov. Aínda que non trascendeu a identidade de ningún dos detidos, a Policía informou que un deles é menor de idade.
Dende a delegación do goberno español informaron que os mozos circulaban nun Peugeot 206 en dirección ao centro da cidade cando foron sorprendidos nun control preventivo. Agárdase que nas vindeiras horas se produzan rexistros domiciliarios.