Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Decreto sobre as linguas no ensino

Un erro "ético" que "prexudicará" o idioma do país, avalía a Asociación Internacional de Estudos Galegos

O presidente do Consello da Cultura reitera que "en próximas semanas" o plenario emitirá unha opinión oficial sobre a norma.

Europa Press - 09:30 13/01/2010

O presidente da Asociación Internacional de Estudos Galegos, Craig Patterson, considerou un "erro ético" e "prexudicial para o idioma nativo en Galiza" a proposta de decreto sobre o uso do idioma nas aulas elaborado pola Xunta, na que se formula impartir un terzo das materias en galego; outro terzo en castelán; e outro en inglés.

En conferencia de prensa tras asinar un convenio de colaboración co Consello da Cultura Galega (CCG), Patterson referiuse á norma proposta polo Goberno para destacar que inclúe "un problema metodolóxico" na súa forma. Deste modo, dixo que é "un erro ético e filosófico que un Goberno se expoña a facer este tipo de consulta minúscula --en referencia á enquisa aos pais-- sobre unha cuestión tan importante".

"Non o pensaron ben"
Así mesmo, sobre a representación das linguas, afirmou descoñecer "outros países do mundo en que isto ten lugar", xa que a distribución do peso de cada unha resultará "prexudicial" para a lingua nativa, é dicir, o galego. En terceiro lugar, advertiu de que a aplicación das devanditas formulacións suporá "grandes problemas loxísticos en termos de equipo de cada colexio", en alusión á introdución do inglés, e lamentou que se trata dun "asunto que a Xunta non pensou de todo ben".

Nesta liña, outro dos membros da directiva presentes no acto, Gonzalo Vázquez Pozo, referiuse á Asociación Internacional de Estudos Galegos como "a maior expresión de como son compatibles linguas distintas". "Unha global á que os nosos dirixentes aspiran, aínda que non sexan capaces de falala, como é o inglés; co coñecemento do galego e do uso do galego", explicou. Finalmente, referiuse ao galego como "unha lingua universal" que se empraza "máis alá das circunstancias políticas especificas dun Goberno", polo que "ten que vivir en pé de igualdade cos demais idiomas".


"Non comments"
Ao ser preguntado sobre o borrador do decreto proposto pola Xunta, o presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ramón Villares, recordou que o CCG é "unha institución á que se demanda opinión oficial" e que "no seu día" expresará esa opinión formalmente, polo que evitou pronunciarse "por coherencia institucional".
"O plenario tomará unha determinación", asegurou para despois puntualizar que "en próximas semanas" o Consello da Cultura Galega emitirá unha opinión sobre o decreto. Finalmente, sobre a informe crítico co decreto que está a elaborar da Real Academia Galega e que se coñecerá durante esta semana, Villares evitou realizar valoracións. "Non comments", ironizou.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: