Ao comezo da 'XVII Marcha ciclista Camiño do Requesón', o alcalde do municipio facía entrega dunha placa á equipa profesional galega.
O Xacobeo Galicia (XGZ) foi homenaxeado no comezo da 'XVII Marcha ciclista Camiño do Requesón', nas Neves (O Condado). Antes da saída da proba en que participaron perto dun milleiro de participantes, a primeira do calendario de bicicleta de montaña no noso país, o alcalde do municipio, Emilio Castro Rodríguez, facía entrega dunha placa aos integrantes da equipa profesional, que recolleu Ezequiel Mosquera.
A partir deste luns e até a vindeira quinta feira, o combinado permanecerá concentrado en Mondariz Balneario. Parte dos corredores regresarán posteriormente á casa e outra desprazarase á Arxentina para iniciar a cuarta temporada consecutiva do XGZ no pelotón internacional, disputando o Tour de San Luis, logo de que a UCI confirmou este venres a renovación da súa licenza internacional.