Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Conflito coa Unión Ciclista Internacional

As burocracias obstaculizan a presenza do Xacobeo no pelotón profesional

Logo da súa exclusión da lista de equipos profesionais para o 2010, o Xacobeo Galicia agarda que se resolva con éxito a súa apelación.

Redacción - 10:45 03/12/2009

Deica as 12h do mediodía deste venres ten de prazo a Fundación Ciclismo Galego, entidade que xestiona o equipo ciclista Xacobeo Galicia, para impugnar a exclusión do cadro da lista de equipos profesionais continentais 2010. Posteriormente, o Xacobeo achegará alegacións antes do 10 de decembro e argumentará a súa apelación nunha audiencia diante do comité de xestión da Unión Ciclista Internacional (UCI), a quen lle corresponde decidir ao respecto, o próximo 16 de decembro.

Ao respecto deste proceso, desde a Fundación Ciclismo Galego son optimistas e confían en que se resolva "dun xeito satisfactorio". "O obxectivo é que o equipo Xacobeo Galicia volva brillar a gran nivel no 2010 nalgunhas das probas máis importantes do calendario internacional", apuntan. O problema xorde da débeda histórica acumulada nas contas da entidade e referida na auditoría que esixe a propia UCI para a concesión da licenza profesional. Unha situación da que a Fundación era consciente e ao fío da cal expoñen que deixará de ser obstáculo en canto envíen á UCI o aval bancario necesario para garantir a solvencia do equipo.


4,75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: