A Xunta activa os servizos de emerxencia diante do prognóstico de neve en cotas de apenas 200 metros.
Na tarde do mércores, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Consellería de Presidencia alertou dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por neve que afectará principalmente ás provincias da Coruña e Lugo a partir desta medianoite.
Segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), espéranse nevaradas a partir dos 200 metros de altura que poderían acumular ata os 5 centímetros no norte e no interior da provincia da Coruña e na zona da Mariña e no centro da de Lugo. Ademais, na zona da montaña luguesa tamén haberá acumulacións de neve de 5 cms.
Así, co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación de meteoroloxía adversa a todos os concellos, policías locais, bombeiros e Deputacións das provincias da Coruña e Lugo, así como aos servizos provinciais de Protección Civil da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, á Administración Xeral do Estado e ás empresas de ámbito galego.
Última hora: