Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FUSIÓN

As caixas e o seu control elevan a tensión do debate político

A tres días de que se debata no Parlamento a lei que regulará as entidades de crédito, PP e PSdeG lánzanse mutuas acusacións.

Redacción - 11:30 26/12/2009
Os populares acusan aos socialistas de atender as instruccións de Ferraz

Os populares acusan aos socialistas de atender as instruccións de Ferraz

O debate sobre a fusión das caixas segue tensionando o debate político mesmo en Nadal. A tres días de que se debata no Parlamento a lei que regulará as entidades crediticias, mantéñense as continuas discrepancias e acusacións entre os partidos.

Dunha banda, o PPdeG asegurou que o secretario xeral dos socialistas, Manuel Vázquez, "mudou de postura" sobre o proceso de fusión entre Caixanova e Caixa Galicia logo da súa viaxe a Madrid, onde "recibiu instrucións de José Blanco e de Leire Pajín". Nun comunicado, os populares piden ao PSdeG que "retome as súas obrigas como representante dos galegos e que as antepoña aos intereses de Ferraz" xa que, do contrario, "a historia xulgaraos polo que fagan esta semana no Parlamento" cando se debata a reforma de Lei de Caixas. Ademais, o PPdeG asegura que a formulación dos socialistas e do goberno español é deixar aos galegos sen entidades financeiras propias e lamenta que o PSOE non considere válido para Galiza a fórmula empregada noutros lugares como Cataluña ou Andalucía.

Pactos "inconfesábeis" co BNG
En resposta, a portavoz do PSdeG, Mar Barcón, reclamou ao presidente da Xunta que explique aos cidadáns os seus "pactos inconfesábeis" co BNG para sacar adiante a Lei de Caixas, que "o único que pretende é que o PP tome o control político" das entidades. Acusou a Feijoo de seguir "botando balóns fóra" e de non asumir a súa responsabilidade e lamentou que "responsabilice a outros do seu propio fracaso na xestión do futuro das caixas".


4,33/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: