Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Campaña na rede

Este nadal... fai apostasía

Marcos Payno e o colectivo Sei o que nos figestes... propuxeron unha acción para contrarrestar estas festividades relixiosas.

Redacción - 12:34 24/12/2009
Os participantes amosan os seus certificados / Seioque.com

Os participantes amosan os seus certificados / Seioque.com

Dende a plataforma Sei o que nos figestes nos últimos 500 anos propoñen un nadal alternativo. Unha convocatoria a prol da apostasía antes do 25 de decembro argallada polo artista Marcos Payno. Aínda que o seu blog cualifica a iniciativa como "un sucesso tanto pola quantidade quanto pola qualidade humana d@s assistentes", o certo é que ao final só foron tres as persoas que se sumaron á proposta: Carlos Quiroga, Suso Sanmartin e Erika Seven. Aínda así, o prazo dado fora só de 40 horas.

O colectivo convocante rescatou o impreso de declaración de apostasía elaborado hai anos pola Via Anti-Colonial Activa (VA-CA) para que quen o desexe se sume á campaña, aínda que xa sexa fóra de prazo. Segundo informan, todo discorreu con total normalidade, e apuntan que se pode apostatar aínda que se estivese bautizado noutra diocese.


4,64/5 (22 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: