Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PASO ADIANTE

O Parlament de Cataluña aproba debater a prohibición das touradas

A Iniciativa Lexislativa Popular que conta co aval de 180 mil sinaturas pasa o primeiro trámite parlamentario.

Redacción - 11:34 18/12/2009

A Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) presentada pola plataforma Prou! (Abonda) contra as touradas en Cataluña pasou este venres o seu primeiro trámite parlamentario. O sentido do voto de 67 deputados, impúxose ao de 59 que avogaban emendar totalmente a iniciativa cidadá. Cinco parlamentarios decidiron absterse. Mentres ERC e ICV apoiaron abertamente que a ILP seguise adiante, CiU e PSC déronlle liberdade de voto aos seus representantes. PP e grupo mixto intentaron frear a proposta.

De cara a principios do vindeiro ano, o Parlament discutirá a ILP, que chegou até a cámara catalana avalada por 180 mil sinaturas. Os promotores da iniciativa piden que se reforme a Lei de Protección de Animais para que non se poidan celebrar touradas en Cataluña.

Poden ampliar en:


4,43/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: