Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Polémica no Parlamento

A web da Xunta, servizo á cidadanía ou propaganda política?

O deputado socialista Pablo López acusou o Goberno de usar a páxina como plataforma de comunicación partidista, extremo negado polo popular Roberto Castro.

Redacción - 11:15 18/12/2009

O PSdeG acusou a Xunta de empregar a súa web institucional "como plataforma de comunicación do PP" e para facer "propaganda política". A cuestión formulouna o voceiro socialista en materia de infraestruturas, Pablo López Vidal. A resposta do director xeral de Relacións Institucionais e co Parlamento, Roberto Castro, foi que "non existe tal utilización" partidista.

Castro asegurou, na comisión segunda de Ordenación Territorial que, "a diferenza do anterior, este Goberno non ten emisarios políticos e non utiliza os medios de comunicación como plataforma partidaria". A crítica de López Vidal produciuse a raíz da publicación dunha información na web da Xunta na que se informaba dunha visita do delegado territorial en Pontevedra, Xosé Cores Tourís, a Caldas e se facía referencia ao voceiro do PPdeG no concello e ao interese manifestado pola mellora dunha estrada, que se comprometeu a reparar Tourís.

Para o parlamentario socialista, trátase dun comportamento "despótico, partidario e caciquil", e preguntou se o compromiso se adquiriu co PP de Caldas ou co alcalde do concello, Manuel Rey, do PPdeG. A resposta de Castro foi que a promesa se fixo coa cidadanía.


2,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: