Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito laboral no Porto de Vigo

A Policía ameaza con cargar contra os traballadores de Termavi

Os operarios, en folga por segundo día, tentan entrar na terminal de Guixar en protesta polo despedimento de nove compañeiros.

Redacción - 11:15 16/12/2009
Alexandro Rodríguez / Foto: CIG

Alexandro Rodríguez / Foto: CIG

Empregados en folga da empresa Termavi, que opera no peirao de Guixar do Porto de Vigo, tentan entrar esta cuarta feira na citada terminal, no segundo día de paro indefinido convocado en protesta polo despedimento de nove traballadores, para pedir que sexan readmitidos. Porén, a Policía ameaza con cargar sen non depoñen a súa actitude.

Os traballadores denunciaban este martes que non se permitía a entrada de piquetes informativos na empresa, polo que, segundo explicou o presidente do comité, Alexandro Rodríguez, o equipo en folga -acompañado por membros das federacións de Mar e Transportes dos sindicatos CIG e UXT- tentaría acceder á terminal e "manifestarse na empresa".

Por outra banda, Rodríguez explicou que, nun principio, está previsto que os traballadores acudan ás instalacións da subdelegación do goberno español -que decretou uns servizos mínimos que os sindicatos consideran abusivos- para se manifestar tamén alí.

Ademais, pretendían ir á Autoridade Portuaria de Vigo, a que acusaron de "estar a rir as grazas á empresa" malia que "se prexudica a si mesma" xa que os problemas en Guixar "afectan todo o Porto".

O presidente do comité de empresa de Termavi dixo que a actividade na terminal "está a funcionar mal" xa que a empresa recorreu a traballadores externos e de ETTs que "non están cualificados", repercutindo na calidade do servizo.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: