Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Racismo institucionalizado, conflitos étnicos ...

A ONU, contra a discriminación das minorías no Día dos Dereitos Humanos

O 40% dos inmigrantes 'internados' no Estado denuncia maltratos, segundo un informe da Comisión Española de Axuda ao Refuxiado.

Redacción - 11:00 10/12/2009
Os inmigrantes, un grupo vulnerábel

Os inmigrantes, un grupo vulnerábel

A ONU centra a celebración esta quinta feira do Día dos Dereitos Humanos na necesidade de erradicar a discriminación que sofren en todo o mundo grupos "vulnerábeis", como as minorías raciais, os inmigrantes, ou as persoas discapacitadas.

"Ningún país está libre da discriminación, vémola en todas partes e de todos os xeitos: nova e vella, encuberta ou descarada, pública e privada", asegura o secretario xeral da ONU, Ban Ki-Moon, nunha mensaxe divulgada con motivo desta xornada.

O máximo responsábel do organismo mundial resaltou que a discriminación se manifesta no racismo institucionalizado, nos conflitos étnicos, nos episodios de intolerancia, ou en versións oficiais da historia que ignoran a identidade doutros.


Por outra banda, a Comisión Española de Axuda ao Refuxiado (CEAR) denunciou esta cuarta feira que o 40% das persoas que pasou polas instalacións habilitadas para acoller estranxeiros sen documentación denunciou sufrir malos tratos.


Ligazóns

5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: