Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ocupación de Iraq

Polo menos 112 mortos e 195 feridos nunha cadea de explosións en Bagdad

Producíronse perto dunha universidade, dunha mesquita, dun mercado, dun tribunal e do Ministerio do Interior.

Redacción - 11:30 08/12/2009

Polo menos 112 persoas morreron e 195 resultaron feridas este martes como consecuencia da explosión de entre catro e cinco coches bomba contra varios edificios oficiais en Bagdad, segundo o último balance da Policía recollido pola axencias internacionais.

Na primeira explosión, rexistrada nun suburbio do sur da capital de Iraq pouco despois das 10.00 horas (as 8.00 horas na Galiza), morreron cinco persoas e catro resultaron feridas, segundo as forzas de seguridade. Pasada entre media hora e unha hora producíronse outras tres explosións sucesivas no centro.

Os atentados foron perpetrados perto dunha universidade, dun tribunal, dunha mesquita, dun mercado e dun barrio próximo ao Ministerio do Interior, segundo informou o correspondente do diario The New York Times.

"Morreron civís e persoal de seguridade, informaremos de máis detalles cando os teñamos", declarou á axencia de noticias Reuters o portavoz das forzas de seguridade de Bagdad, o xeneral Qassim Al Mussawi.

Trátase da maior matanza desde o pasado 25 de outubro en Bagdad, cando dous atentados con camión bomba causaron 155 mortos fronte ao Ministerio de Xustiza e á sede do goberno local.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: