Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Nova Europa?

O Tratado de Lisboa entra en vigor este martes malia ser rexeitado por varios Estados membros en referendo

O principal cambio que introduce a norma, ratificada finalmente polos 27, afecta a toma de decisións da UE.

Redacción - 12:00 01/12/2009
Os 27 ratificárono finalmente

Os 27 ratificárono finalmente

O Tratado de Lisboa entra este martes en vigor logo dun longo percorrido desde que o texto que regulamenta o funcionamento da nova Europa de 27 membros foi aprobado o 13 de decembro de 2007 na capital portuguesa polos xefes de Estado e de Goberno da Unión Europea.

O tratado dálle máis poder ao Parlamento Europeo, acelera os mecanismos de voto e outorgalle á UE máis atribucións en asuntos mundiais. Ademais, crea dous novos postos: o presidente do Consello Europeo e o responsábel da política exterior da Unión.

Principalmente, o Tratado supón un cambio na toma das decisións europeas. En primeiro lugar, a Eurocámara poderá intervir en case todas as decisións que se tomen en Bruxelas. Ademais, certas áreas que requirían dun voto unánime agora só necesitarán do voto da maioría para ser aprobadas.

Rexeitado en referendo
O tamén denominado Tratado de Reforma redactouse após o fracaso da malograda Constitución Europea, que se comezou a fraguar en 2002 e que franceses e holandeses rexeitaron en referendo na primavera de 2005 abrindo unha seria crise institucional.

O sucesor do Tratado de Niza comezou o seu proceso de ratificación o 17 de Nadal de 2007 en Hungría, primeiro Estado membro en o asinar, foi sometido dúas veces a referendo en Irlanda e tropezou coas reservas de Polonia e cos obstáculos de Praga, superados o 3 de novembro.

Lisboa será o escenario da cerimonia que festexa o evento, e que contará coa presenza dos principais líderes das institucións comunitarias.


Ligazóns

5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: