Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ELECCIÓNS

Mújica presidirá o segundo goberno de esquerdas de Uruguai

O candidato do Frente Amplio consegue a vitoria co 53% dos votos e reitera que o seu obxectivo é o crecemento económico do país e a redución da pobreza.

Redacción - 10:15 30/11/2009
Os seguidores do Frente Amplio celebraron a vitoria durante toda a madrugada

Os seguidores do Frente Amplio celebraron a vitoria durante toda a madrugada

Non houbo sorpresas. Tal e como adiantaban todas as sondaxes e as enquisas electorais, o tupamaro Jose 'Pepe' Mújica gañou este domingo as eleccións que o converten en presidente de Uruguai. Así, no vindeiro mes de marzo asumirá o liderado do segundo período da esquerda no poder, coa promesa de dar continuidade ás políticas moderadas do actual goberno e co obxectivo de levar o país polo camiño do crecemento económico.

Segundo os datos oficiais da Corte Electoral uruguaia, Mújica obtivo preto dun 53% dos votos (co 96,2% do escrutinio). Mentres, o candidato opositor, o conservador Luis Alberto Lacalle, conseguiu xuntar case un 43% de votos.

Nin vencedores nin vencidos
"Ai daqueles que non se dean conta de que o poder non está arriba, senón no corazón das grandes masas", dixo Mújica nun emotivo discurso ao coñecer os resultados. Ademais de pedir perdón por algúns exabruptos pronunciados durante a campaña, que atribuíu ao seu pasado de combatente, instou aos derrotados a traballar "xuntos polo país". Aclarou que nestas eleccións "non houbo nin vencidos nin vencedores" e advertiu de que o goberno elixido "non é propietario da verdade" e "precisa de todos".

Pola súa parte, Lacalle concedeu a vitoria ao Frente Amplio nun discurso televisado e pediu aos seus partidarios que deixen a unha beira as diferencias políticas e acepten ao goberno electo. "José Mújica será o noso presidente, debemos aceptalo", afirmou ante os seus seguidores.


3,67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: