Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SENTENZA

Pau xudicial ao planeamento acuícola de Fraga

O TSXG anula o acordo da Xunta polo que se aprobara o proxecto para construír unha piscifactoría en Rinlo (Ribadeo).

Redacción - 18:41 18/11/2009
Os activistas de Adega paralizaron as obras da piscifactoría

Os activistas de Adega paralizaron as obras da piscifactoría

Xa é un feito. O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) ditou sentenza e anula o acordo polo que se aprobaba o proxecto sectorial para construír unha granxa mariña en Rinlo (Ribadeo) por parte da empresa de propiedade de Ramón Álvarez Cascos, Acuinor. A decisión tomárase nun dos últimos Consellos da Xunta en funcións de Manuel Fraga (en concreto, o 28 de xullo de 2005).

Esta é a segunda resolución xudicial que lle dá a razón ao colectivo ecoloxista Adega en contra da planta acuícola, logo da sentenza tamén do TSXG na que anulaba a declaración de impacto ambiental feita pola Xunta e as licenzas de obra e actividade concedidas á empresa. Así, os tribunais acabaron por darlle a razón aos ecoloxistas, logo dun longo proceso de oposición no que mesmo chegaron a parar as máquinas en Rinlo para impedir a construción da granxa mariña.

A actual sentenza baséase na anulación da propia declaración de impacto ambiental, que entendía que a situación escollida era "unha infracción relevante por inobservancia da lexislación ambiental de protección da Rede Natura". Ademais, considera que a escolla deste lugar para unha piscifactoría incumpriría coa protección da zona de dominio público marítimo terrestre, polo que cualifica de "inaceptábel" a afectación ambiental que o proxecto tería nun Lugar de Interese Comunitario (LIC), protexido pola Rede Natura.

O ambiente sobre os intereses privados
A presidenta de Adega, Adela Figueroa, felicitouse de ambas sentencias, das que subliñou que "son as primeiras que se fallan en Galiza a favor dun espazo da Rede Natura e en contra dos intereses privados", polo que entendeu que "constitúen un precedente que se pode aplicar con relación a outros proxectos que atenten probadamente contra a normativa europea que regula a conservación destes hábitats".

Pola súa parte, o avogado que se encargou dos contenciosos, Apolinar Gómez, lamentou que tivese que ser Adega e non a administración "quen tivo que demostrar con informes que había un dano á integridade do lugar e unha fragmentación do espazo natural".


5/5 (10 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: