Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Igadi Paper Nº 25

Retos para a Frelimo após consolidar a súa hexemonía en Moçambique

O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional analiza os comicios no país africano, logo de se coñecer os resultados definitivos.

Redacción - 11:50 17/11/2009
Simpatizante da Frelimo

Simpatizante da Frelimo

O número 25º do Igadi Paper, o boletín de análise e contextualización que o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi) publica para explicar os conflitos de relevancia e actualidade internacional, céntrase desta volta nas eleccións do pasado 29 de outubro en Moçambique nas que a Frente de Libertação de Moçambique (Frelimo) conseguiu consolidar a súa hexemonía no escenario político do país africano, ex colonia portuguesa.

Os resultados definitivos, publicados a pasada quinta feira, confirmaron a reelección presidencial do actual mandatario Armando Guebuza para un período doutros cinco anos de goberno. Guebuza apañou o 75,4% dos votos, por riba dos seus dous principais candidatos rivais, Afonso Dhlakama, da Resistência Nacional de Moçambique (Renamo), que conseguiu o 12,5%; e Daviz Mbepo Simango, do Movimento Democrático de Moçambique (MDM), que obtivo o 8,64%.

Ademais, a Frelimo acadou 191 escanos dos 250 existentes no Parlamento, gañando 31 escanos máis con respecto ás eleccións de 2004. A Renamo e o MDM repartíronse o resto, con 51 e oito representantes, respectivamente.


Ligazóns

5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: