Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Nivel laranxa

A alerta por chuvia manterase todo o día logo dunha noite tranquila

A Consellaría de Medio Ambiente mantén activadas as medidas de emerxencia fronte a posíbeis efectos do temporal nas infraestruturas.

Redacción - 09:30 15/11/2009

Os servizos de urxencia mantéñense en alerta por chuvias persistentes, especialmente no sur do país, logo dunha noite tranquila en que non houbo incidencias destacábeis, informaron fontes do 112.

A Dirección Xeral de Urxencias alertou este sábado dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por chuvias. Para garantir a seguridade, todos os concellos, organismos provinciais, autonómicos e estatais, así como a parques de bombeiros e empresas foron avisados.

A Consellaría de Medio Ambiente mantén activadas as medidas de alerta fronte a posíbeis efectos do temporal nas infraestruturas e, no que se refire á rede viaria, todos os servizos provinciais de estradas contan con brigadas preparadas para solventar incidencias.

A diferenza da madrugada do venres ao sábado, en que o centro de urxencias do 112 tivo que atender numerosas chamadas, as primeiras horas do domingo foron tranquilas, segundo os servizos de urxencia, que se manteñen alerta ante a persistencia das precipitacións.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: