Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PRESENTOUSE EN BRUXELAS

Diferentes formacións da ultradereita crean a Alianza Europea de Movementos Nacionais

Os partidos coordínanse para traballar polos “valores tradicionais” e opoñerse “a calquera tentación dun superestado europeo”.

Redacción - 12:08 13/11/2009

Este xoves presentouse publicamente en Bruxelas a chamada Alianza Europea de Movementos Nacionais. A Fronte Nacional francesa, o Partido Nacional Británico, a Fiamma Tricolore de Italia, o húngaro Jobbik e a chamada Democracia Nacional de Suecia, son os principais partidos de ultradereita que poñen a andar a nova plataforma para pecharlle o paso a “calquera tentación de crear un superestado europeo”.

A suma dos parlamentarios destas formacións non lle permiten crear un grupo político propio dentro do Parlamento Europeo, xa que son precisas 25 actas de sete ou máis países. Porén, a extrema dereita pretende lograr financiamento comunitario.

A Alianza Europea de Movementos Nacionais acordou un manifesto que foi asinado o pasado mes de outubro en Budapest. No mesmo asegúrase que é preciso “preservar a diversidade en Europa” e que Bruxelas non lle reste soberanía aos estados membros.

A inmigración, un dos cabalos de batalla destes partidos, é outro dos puntos básicos de unión. A Alianza Europea pide unha resolución “humana e pacífica do problema da inmigración, a través dunha cooperación que promova a autosuficiencia dos países do terceiro mundo”.


3/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: