Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Aniversario dunha xornada histórica

Vinte anos do día que esfarelou o Muro de Berlín

Un dominó de mil pezas que caerán ao longo do trazado onde se erguía o valado, será un dos actos conmemorativos deste luns na capital da Alemaña reunificada.

Redacción - 11:15 09/11/2009
O Muro en 1986 / Imaxe: wikipedia

O Muro en 1986 / Imaxe: wikipedia

O 9 de novembro de 1989 milleiros de cidadáns da República Democrática Alemá botábanse ás rúas, acudían aos postos fronteirizos e até o propio Muro de Berlín que, aquela noite, comezou a esfarelar a golpe de pico e mazo marcando un punto de inflexión decisivo na historia recente. Os acontecementos precipitáranse a partir da conferencia de prensa dun membro do Politburó que, descoñecendo as instrucións precisas da cúpula do partido, deu por feito en resposta ás preguntas dos xornalistas que o permiso para saír libremente do país quedaba estabelecido de xeito inmediato.

Esta semana, Berlín é centro das celebracións en recordo daquela xornada onde se derrubaron os fechos daquela liña de cemento e espiño de 160 quilómetros que separou Alemaña en dous. A lembranza desta "Caída do Muro" que abriu a fenda decisiva cara á fin da chamada Guerra Fría, acolle así a ducias de líderes mundiais na capital alemá. A Porta de Brandeburgo será un dos centros principais dos festexos que inclúen o simbólica derrube dun milleiro de pezas xigantes a xeito de dominó ao longo dun quilómetro e medio do traxecto onde se erguera o Muro. A propia chanceleresa alemá, Angela Merkel, que daquela vivía na Alemaña oriental, recordará o momento no que atravesou o primeiro paso aberto a través do cal os berlineses do leste camiñaron até o Berlín oeste.

Recomendámoslles:


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: