Os veciños presentaron máis de 1.200 propostas de obras para optar ao financiamento de 350 mil euros dos orzamentos municipais abertos á participación cidadá.
Concello de Ferrol, pioneiro en Galiza neste tipo de iniciativas
Saneamento rural, asfaltado de camiños, mellora do mobiliario urbano... As propostas dos veciños de Ferrol son moitas e moi variadas. Nada menos de 1.227 foron as iniciativas que achegaron para optar ao financiamento de 350 mil euros que as contas municipais destinaron á participación pública.
Interese na xestión municipal
A inclusión desta porcentaxe de presupostos participativos débese á iniciativa de Esquerda Unida, quen comprometeu á existencia desta partida de partición cidadá o seu apoio ás contas dos socialistas. A cuestión é que, dende que se iniciara o proceso no pasado mes de xuño, os veciños entregáronse a esta experiencia de democratización da xestión municipal. Os barrios de San Xoan, Santa Marina e San Pablo, e as parroquias de Doniños e San Xurxo foron os seleccionados por eles mesmos para levar a cabo esta primeira experiencia.
Foron 670 os que, de xeito individual ou como parte de colectivos, tomaron parte activa neste proceso (Ferrol conta con 74 mil residentes no concello). Deles, 37 foron elixidos para integrar as dúas mesas de propostas das zonas rural e urbana, que comezarán esta semana o proceso de selección das obras. Mentres, as que non resulten seleccionadas pasarán a integrar un banco de ideas.
A cantidade destinada a estas obras non supera este ano os 350 mil euros, mais o compromiso é que nos próximos orzamentos se reserve para os presupostos participativos un total de dous millóns de euros.