Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
31 mortos, seis militares

Os EUA negan ter relación co atentado deste domingo en Irán

"Condenamos este acto de terrorismo e lamentamos a perda de vidas inocentes", afirmou un portavoz da Casa Branca.

Axencias - 19:00 18/10/2009
Gardiáns da Revolución

Gardiáns da Revolución

O goberno dos EUA negou este domingo toda relación co atentado suicida que pola mañá se cobrou a vida de 31 persoas, entre estas seis altos xefes dos Gardiáns da Revolución de Irán, na rexión fronteiriza iraniana de Pishir (provincia suroriental de Sistán e Baluchistán).

"Condenamos este acto de terrorismo e lamentamos a perda de vidas inocentes. Os informes da presunta implicación dos Estados Unidos son absolutamente falsos", declarou o portavoz do Departamento de Estado norteamericano, Ian Kelly.

Previamente, os Gardiáns da Revolución responsabilizaran do atentado, finalmente asumido polo grupo guerrilleiro suní Khundalá, a "elementos estranxeiros" relacionados cos Estados Unidos e co Reino Unido. 

Máis información:


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: