Os promotores da iniciativa política propoñen a Ofelia Rey, unha edil “non adscrita” que se presentou en 2007 na lista do PSdeG.
A socialista Paula Fernández Pena ten os días contados como alcaldesa de Silleda. Os concelleiros do PP local, agás Manuel Mato, e dous ex edís do PSdeG, Ofelia Rey e Javier Cuíña asinaron a petición dun pleno extraordinario para o cambio de goberno. A propia aspirante a alcaldesa e o “popular” Javier Presas acudiron ao consistorio este martes para presentar o escrito.
Os cinco concelleiros conservadores que asinan a moción (entre eles o presidente local do PP e ex alcalde, José Fernández Viéitez) pediron a baixa voluntaria do partido este mesmo luns.