Emitirá 6,44 millóns de novas accións a 15,6 euros por título co obxectivo de fortalecer a empresa e aproveitar as oportunidades que se presenten no mercado.
Pescanova lidera o mercado mundial dos produtos ultraconxelados
A multinacional líder no sector dos produtos ultraconxelados, Pescanova, vén de confirmar á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) que lanzará unha ampliación de capital por valor de 100,55 millóns de euros. É a meirande operación deste tipo realizada pola empresa nos últimos 33 anos e o obxectivo é reforzarse e fortalecerse con vistas ao aproveitamento das oportunidades de expansión que se presenten no mercado.
A ampliación será de 6,45 millóns de novas accións a 15,6 euros por título e o consello de administración prevé pechala en 20 días. Acordou aumentar o capital social nun importe nominal de 38,6 millóns de euros, mediante a posta en circulación de 6,44 millóns de accións ordinarias, con dereito de subscrición preferente para os actuais accionistas.
No que levamos de ano, Pescanova é un dos poucos valores da bolsa española que aínda presenta un saldo negativo, cun descenso do 10%.