Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
PROXECTO ACUÍCOLA

Espinosa nega que o ministerio dera o prace a Touriñán, e Adega chama a boicotear os produtos de Pescanova

O goberno español di que nunca informou a prol da planta pola falta de información do impacto ambiental.

Redacción - 19:30 14/09/2009
Planta de robaballo

Planta de robaballo

O Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, que dirixe Elena Espinosa, nunca informou a prol da planta acuícola de Cabo Touriñán segundo explicou a ministra nunha visita a Vigo. Contradicindo a versión de Feijoo, Espinosa asegurou que “o ministerio na vida lle deu un informe positivo, porque faltaba a Avaliación Estratéxica Medioambiental”. A continuación recomendoulle ao presidente galego “ que lle diga á súa xente que non lle pasen informes que o fagan mentir”.

Quen xa moveu ficha foi Adega. O colectivo ecoloxista propón un “boicot” aos produtos do Grupo Pescanova como xeito de “protesta pacífica” e de “resistencia” contra a a planta acuícola no espazo natural muxián. Nun comunicado, deixan claro que “350 mil metros cadrados de cemento e plástico non poden ser compatíbeis coa conservación dos hábitats”.


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: