Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Atuneiro secuestrado

Os tripulantes do Alakrana tranquilizan telefonicamente a seus familiares

Os mariñeiros, oito deles galegos, aseguran que de momento non recibiron mal trato por parte dos secuestradores.

Europa Press - 12:40 04/10/2009

Os tripulantes do atunero 'Alakrana', secuestrado o venres en augas de Somalia, puxéronse na mañá deste domingo en contacto cos seus familiares para asegurarlles que se atopan en bo estado e que os seus captores "os tratan ben". Así o explicou a filla do patrón do barco, Cristina Blach, quen asegurou que sobre as 8h30 recibiu na súa casa unha chamada telefónica de seu pai dende o barco asegurándolle que todos os tripulantes "se atopan ben" e que os piratas os "tratan ben".

O patrón do buque, Ricardo Blach, tamén pediu a seus familiares que "estivesen tranquilos" porque o seu estado era bo. Pola súa banda, a súa filla pediulle que eles "tampouco se preocupasen" e informou de que o goberno español "está a tratar de acelerar a súa liberación".

Na conversación, o patrón afirmou que os secuestradores permitiran aos mariñeiros chamar os seus familiares aínda que "non lles deixan falar con medios de comunicación". Aínda que a chamada foi breve, Cristina Blach asegurou sentirse "máis tranquila" por coñecer o estado do seu pai e poder falar con el. O atunero vasco 'Alakrana' foi secuestrado o pasado venres mentres faenaba a 413 millas de Kenya con 36 mariñeiros a bordo, entre os que o patrón e sete tripulantes máis son galegos. Nestes momentos a fragata Canarias diríxese cara á situación do buque para tratar de estabelecer contacto visual.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: