Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Podería chegar a máis de 1.000

Polo menos 770 persoas morreron nos dous terremotos de Sumatra

Hai case 2.400 persoas feridas, segundo os últimos datos. Os equipos de rescate seguen á procura de superviventes.

Redacción - 19:00 01/10/2009

A cifra de mortos en Padang, capital da provincia de Sumatra Occidental, e nos seus arredores, ascende xa a 770 persoas. "Todos os cadáveres foron enviados aos hospitais da provincia", informou o Ministerio de Asuntos Sociais.

Os servizos de rescate continúan á procura de vítimas e posíbeis superviventes. "O balance pode aumentar, xa que moitas persoas seguen atrapadas baixo os edificios, as vivendas e os hoteis que se derrubaron", declarou un portavoz da Axencia Nacional de Xestión de Desastres.

(Actualizada ás 9.00 horas)
O balance oficial de vítimas mortais por mor dos fortes tremores de terra que sacudiron esta cuarta e esta quinta feiras a illa indonesia de Sumatra ascende a 220, segundo confirmou un portavoz da axencia nacional de urxencias de Indonesia.

O voceiro indicou que as mortes se rexistraron na cidade de Padang, na costa oeste, e sinalou que as autoridades atenderon desde o inicio do terremoto polo menos 168 persoas feridas. O primeiro sismo, a cuarta, foi de 7,6 graos na escala de Richter. A terra volveu tremer a quinta na mesma zona, cunha intensidade de 6,8 graos.

O xefe do departamento de prevención de desastres do Ministerio de Sanidade de Indonesia, Rustam Pakaya, afirmou, antes de que se producise a potente réplica, que poderían ser "milleiros" as vítimas mortais. Centos de persoas poderían estar sepultadas entre as vivendas destruídas.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: