Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
HOXE INXUSTIZAS, MAÑÁ GUERRAS

O Seminario Galego de Educación para a Paz acode a Bogotá

No cumio mundial da paz que se celebra na capital de Colombia entre os días 1 e 4 de setembro espéranse a máis de 600 persoas

Redacción - 11:20 30/09/2009
Manuel Dios Diz, presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz

Manuel Dios Diz, presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz

O presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz (SGEP), Manuel Dios Diz, acudirá en representación de Federico Mayor Zaragoza ao cumio mundial da paz en Bogotá, Colombia. O seminario, unha organización de educadores sen ánimo de lucro, estará na capital colombiana dende o próximo xoves até o día 4 para evitar, segundo di Dios Diz, que "as inxustizas de hoxe sexan as guerras de mañán".

Os presidente da SGEP intervirá en "cinco espazos diferentes" segundo explicaron este luns. O primeiro destes actos celébrase na inauguración coa conferencia 'Cultura da Paz e o futuro da humanidade'. Nela tratará de explicar o que se entende coma paz positiva "e non só a ausencia de guerra". Así mesmo, participará no debate a cerca da Lei de Cultura da Paz que terá lugar en Colombia. O SGEP apuntou que aportará a "experiencia" da norma española de 2005, a catalana de 2005 ou o borrador da lei galega para 2010. Esta última, que establece "as liñas de actuación dos poderes públicos" en termos de paz segundo explica Manuel Dios, está aceptado como documento base polas tres forzas políticas do país.

Ademais, o presidente do seminario galego impartirá unha charla sobre as metodoloxías, recursos e dinámicas para a educación sobre a paz. Na súa última conferencia falará sobre a educación afectiva, "educar nos afectos nos primeiros anos de vida é o mellor antídoto". Manuel Dios asegura que vai "a aprender e escoitar de primeira man como se percibe o conflito colombiano". O presidente do SGEP explica que o conflito armado latente no país é consecuencia do narcotráfico e dos terreos de miseria.

Espérase que ao cumio acudan máis de 600 persoas de todos os continentes entre as que tamén se atoparían o xornalista Antón Lopo ou o fotógrafo Xervasio Sánchez.


3/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: