Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DEREITOS FEMININOS

Despois dun ano de debate, o goberno español aproba o aborto libre nas primeiras 14 semanas

A entrada en vigor da Lei de Saúde Sexual xa só depende da súa discusión e aprobación no Congreso.

Redacción - 16:00 26/09/2009
Tags: aborto lei

Xa só falta o visto bo do Congreso. O goberno español aprobou este sábado a Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva, que contempla que as mulleres que o desexen poderán interromper o embarazo, sen ningún tipo de traba legal, até a semana 14 da xestación. Este prazo poderíase prolongar de xeito excepcional até as 22 semans se estivese en risco a saúde da embarazada ou se houbese anomalías graves no feto.

O aborto dentro destes prazos será practicado de balde dentro do sistema de saúde público. A propia ministra de Igualdade, Bibiana Aído, subliñou que o executivo vai estar vixiante para que se cumpran os dereitos das mulleres que legalmente queiran interromper o embarazo.

A lei, que está lista para ser aprobada polo Congreso logo de algo máis dun ano de intenso debate, suplirá á actual, que data de 1983. Os sectores conservadores (encabezados polo PP e a Igrexa) opóñense frontalmente á reforma e critican con especial dureza que as mozasde 16 e 17 anos tamén se poidan acoller a este dereito sen o consentimento expreso dos pais.

Pola contra, o movemento feminista considera que, aínda sendo un importante paso adiante, a nova norma aínda é menos progresista que a existente noutros países. Así, critican os prazos establecidos que consideran curtos.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: