Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Nova medida de presión contra Irán

O Consello de Seguridade da ONU aproba por unanimidade acabar coas armas nucleares

Os cinco membros permanentes -China, Estados Unidos, Francia, Reino Unido e Rusia- teñen bombas atómicas.

Redacción - 17:00 24/09/2009
Obama, chegando á ONU

Obama, chegando á ONU

O Consello de Seguridade da ONU aprobou esta quinta feira por unanimidade, nunha sesión histórica presidida polo mandatario estadounidense, Barack Obama, unha resolución que pide aos países que posúan armas nucleares que se desfagan dos seus arsenais.

Os cinco membros permanentes -China, Estados Unidos, Francia, Reino Unido e Rusia- teñen bombas atómicas. A resolución aprobada pide tamén que todos os países que non asinaran o Tratado de Non Proliferación Nuclear, que leva máis de 40 anos en vigor, o fagan.

A medida tamén se interpreta como unha nova medida de presión contra os países que están a desenvolver un programa nuclear, concretamente, Irán.

Esta é a quinta vez que o Consello se reúne a nivel de xefes de Estado desde a súa creación en 1946, e a primeira que un presidente estadounidense encabeza unha xuntanza dos quince países que o conforman.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: