Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Lusofonía

Brasil e Portugal formarán unha alianza estratéxica no Atlántico Sur

Os ministros de defensa dos dous países acordaron liderar accións de cooperación en África, coa participación de Angola.

Redacción - 11:15 18/09/2009

Brasil, Portugal e Angola poderían estabelecer unha alianza estratéxica defensiva na área internacional do Atlántico Sur e Ecuatorial. O ministro brasileiro de Defensa, Nelson Jobim, defendeu este acordo para que exista unha posición concertada nesa zona.

O ministro de Defensa Nacional de Portugal, Nuno Severiano Teixeira, xa mantivo unha xuntanza este mes con Jobin. Os dous ministros concordaron que haxa unha coordinación das accións de cooperación que os dous países realizan en África. "É natural que os dous países que máis responsabilidade teñen na Comunidade de Países de Lingua portuguesa concerten as súas posicións", afirmou Teixeira.

Para o responsábel da defensa portuguesa, é preciso seleccionar proxectos complementarios que atendan prioritariamente os países máis necesitados, entre eles Guiné-Bissau. Tamén concordaron que Angola se convertese en socio nese esforzo conxunto. Así, esta cuarta feira, Nelson Jobin dixo que Brasil precisa de "se aliar a Portugal para estabelecermos con Angola unha liña unificada sobre a chamada Área".


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: