Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Acusa o concello de "crispar"

Millán Astray é "un coruñés de proveito", segundo Carlos Negreira

O voceiro e presidente do PP da Coruña asegura que se se reflexionase a Lei de Memoria, a estatua podería ficar no seu lugar.

Redacción - 17:36 11/09/2009

O voceiro municipal do Partido Popular na Coruña, Carlos Negreira, asegurou que Millán Astray é "un coruñes de proveito, de toda a vida", polo que considerou que se podería reflexionar sobre a retirada da súa estatua, o que "podería levar" á conclusión de mantela, malia a Lei de Memoria Histórica.

"Estamos a falar dun monumento a unha persoa que é un coruñés de prol, de toda a vida. Unha persoa que creou un corpo que aínda está vixente", dixo en referencia ao fundador da lexión española, que despois foi xefe de prensa e propaganda de Franco.

O tamén presidente do PP da Coruña demandou facer unha "reflexión máis profunda" da que se fixo na cidade sobre a aplicación da lei e acusou o concello de "crispar" a sociedade aplicando a norma, ao entender que "faltou consenso" na súa posta en práctica.

Negreira amosouse a favor de "aplicar as leis", pero que "todo sería mellor" se os tres partidos con representación no concello participasen no nomeamento da comisión de expertos que levou a cabo as decisións. A corporación municipal aprobou o luns, co apoio do PSOE e do BNG e a abstención do PP, retirar 53 símbolos franquistas, entre eles a estatua de Millán Astray, e cambiar o nome de 22 rúas.


3,82/5 (11 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: