Os comicios no país veciño están convocados para o 27 de setembro. A seguir, o 11 de outubro, celebraranse os autárquicos ou municipais.
Sócrates (PS) e Francisco Louçã (BE)
As eleccións lexislativas en Portugal é o tema do número 20º do Igadi Paper, o boletín de análise e contextualización que o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional publica puntualmente para explicar os conflitos de relevancia e actualidade internacional.
Os comicios celebraranse no país veciño o próximo 27 de setembro. Seguidamente, o 11 de outubro será a quenda das eleccións autárquicas ou municipais. Ambas as dúas citas coas urnas definirán o mapa político portugués para os anos vindeiros.
Os expertos do Igadi repasan as candidaturas de cada unha das forzas que se presentan, dentro do particular panorama de partidos de Portugal. Ademais, repasan cal ha ser a influencia directa dos resultados nas relacións co noso país.