Amnistía Internacional denuncia que as doenzas aparecen logo de permanecer décadas illados e sen coñecer até o final a data da súa execución.
Un grupo de dereitos humanos de Amnistía Internacional (AI) pediu a moratoria inmediata das execucións e unha reforma dos interrogatorios policiais en Xapón, onde un total de 102 presos permanecen á espera da pena capital.
Ademais, a meirande parte destes reos -denuncia a organización- pasaron décadas practicamente incomunicados, principal cauda das enfermidades mentais que padecen.
Aos presos non lles está permitido falar con outros internos. Agás dúas ou tres veces á semana que saen para as sesións de exercicio, non poden moverse nas celdas, pois deben permanecer sentados.
Segundo o código de Xapón do procedemento criminal, se unha persoa condenada á morte padece danos cerebrais, a execución debe ser ratificada polo ministro de xustiza. Porén, os estándares internacionais dos dereitos humanos prohíben a imposición da pena de morte a enfermos mentais.
Entre xaneiro do 2006 e o mesmo mes do 2009 executaron a 32 persoas, das cales 17 eran maiores de 60 anos. E e cinco deles, incluso pasaban os 70, sendo as vítimas da pena capital máis vellas do mundo.
“Réxime de silencio, illamento e de total inexistencia”
A directora británica de AI, Kate Allen, exíxelle ao goberno xaponés o cesamento inmediato das execucións, informa BBC News. Pídelle que se deteña “un sistema vergoñento de castigo”, e que “impoña inmediatamente a moratoria de todas as execucións”.