Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
195 mil desempregadas

Logo de catro meses de baixadas, o paro volve repuntar en Galiza

Segundo os datos publicados polo Inem, o mes de agosto deixou 2.382 novos desempregados.

Redacción - 09:35 02/09/2009

O paro aumentou no mes de agosto, tal e como se agardaba, segundo os datos do Instituto Nacional de Emprego (Inem). En total, foron 2.382 persoas as que se sumaron ás listas de desemprego en Galiza, co que se superou a cifra dos 195 mil demandantes. Con este aumento, rompeuse a tendencia á baixa que se producira nos catro anteriores meses.

O paro subiu, no entanto, menos en Galiza ca no Estado Español. O incremento do desemprego no país foi do 1,22 por cento, mentres que a nivel estatal o paro aumentou un 2,4 por cento, con practicamente 85 mil persoas desempregadas máis ca no mes de xullo.

Segundo os datos do Inem, no último ano, preto de 1,1 millóns de persoas pasaron ás listas do paro, cun crecemento interanual do 43,44%. Así, as demandantes de emprego son xa 3,6 millóns. Aínda que a suba foi inferior á do mes de agosto de 2008, é o segundo peor dato nese período nos últimos 13 anos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: