Quedou controlado a última hora do domingo.
O incendio tivo lugar na parroquia de Cepedelo do concello de Viana do Bolo, na provincia de Ourense. Quedou controlado ás 19:57 horas polos efectivos do Servizo de Defensa contra Incendios Forestais (SDCIF) da Xunta.
Os labores de control e extinción que tiveron lugar durante todo o día requiriron da participación dun técnico, dous axentes forestais, once brigadas (compostas por entre 5 e 7 persoas), dúas motobombas, sete helicópteros de extinción, outro máis de coordinación, un hidroavión, e dous avións anfibios. A superficie total queimada foi de 23’78 hectáreas de monte raso.