Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
34 anos de loita pola liberdade

A Polisario pídelle á ONU que deteña a violación de dereitos humanos no Sáhara

O líder saharaui, Mohamed Abdelaziz, advirte que a represión política que exerce Marrocos afasta a posibilidade dunha solución ao conflito.

Redacción - 10:00 31/08/2009

Mentres o tantas veces prometido referendo de autodeterminación non chega, o secretario xeral da Fronte Polisario, Mohamed Abdelaziz, enviuolle un novo escrito á Secretaría Xeral da ONU para que non permaneza indiferente diante das continuas violacións de dereitos humanos no Sáhara.

Abdelaziz advirte que estas violación poñen en perigo o traballo de Nacións Unidas en prol dunha solución ao conflito saharaui. Dende a Polisario lembran que a única solución xusta e definitiva é unha consulta popular sobre o estatus político que queren os saharauis.

Na carta enviada á ONU, o máximo representante do pobo saharaui pide que a ONU faga xestións para que liberen os presos políticos e que se aclare cal foi a sorte do máis de medio milleiro de independentistas desaparecidos e dos 151 prisioneiros que Marrocos fixo dende que en 1975 invadiu o Sáhara.

Dende a Polisario denuncian que, na actualidade, son frecuentes as detencións arbitrarias e as represalias contra todos os saharauis que expresan publicamente as arelas de autogoberno do seu pobo.


4,91/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: