Colectivos da Ulloa e do resto do país reclaman "a posta en valor deste patrimonio sobranceiro".
A Plataforma Social pola Defensa do Alto Ulla ven organizando dende hai 6 anos esta marcha reivindicativa, en colaboración con Adega, coa finalidade de incorporar o castelo á sociedade por ser este unha das iconas de promoción da comarca da Ulloa e de Galiza.
O obxectivo é recuperar o castelo para diferentes usos, como encontros, conferencias, cursos de verán, aulas da natureza, e outras ideas que "poñan en valor o riquísimo patrimonio da Ulloa". Ao ter sido declarado BIC existe a obriga de abrilo ao público catro veces por mes. Dende a anterior Dirección Xeral de Patrimonio reclamóuselle ao dono que cumprise coa Lei de Patrimonio, até o de agora sen éxito. "Poderían xerarse varios postos de traballo para o coidado e preservación do Ben, que farían deste monumento un proxecto sustentábel, economicamente falando, alén do beneficio para a sociedade que a súa apertura pode representar", expoñen os organizadores desta xornada.
Poden ampliar na web de Adega.