Os datos coñécense poucas horas das eleccións xerais. Todos os prognósticos apuntan a un xiro cara a socialdemocracia.
O nivel de desemprego en Xapón é notabelmente menor ca o que se pode dar na Unión Europea ou, máis concretamente no Estado Español (que o triplica), porén o país oriental acada as cifras máis altas da súa historia: 5,7%.
A crise económica munidal zoupa especialmente a Xapón. Aínda que comezou unha lixeira recuperación, as grandes empresas do país seguen a botar a milleiros de traballadores á rúa, afeitos a ligar a súa vida profesional a unha soa compañía. Os expertos consideran que o desemprego pode seguir subindo no outono até acadar unha cifra do 6%.
O dato coñécese poucas horas antes das eleccións xerais que se celebran neste país o domingo. O goberno do conservador Taro Aso perde numerosos apoios debido á crise que flaxela o país. De feito, todas as enquias dan por feito que, logo de décadas de hexemonía da dereita, os socialdemócratas poden lograr unha ampla maioría.