"A instalación das bases militares estadounidenses en Colombia é só unha parte dun esforzo moito máis amplo para restaurar a capacidade de Washington de intervención noutros países", afirmou o pensador estadounidense Noam Chomsky, na súa conferencia onte, Segunda feira, no Teatro Teresa Carreño.
Advertiu que EUA pretende expandir as súas bases militares "e hai rumores non confirmados para crear outras bases máis".
Apuntou que a axuda militar total estadounidense no hemisferio excede a axuda económica e social... "Iso é un novo fenómeno que non aconteceu durante a Guerra Fría (...) Estes programas afortalaron as forzas militares dentro da rexión a costa das autoridades civís e exacerbaron problemas de dereitos humanosxerando conflitos sociais moi importantes e inestabilidade política, de acordo cun estudio pola oficina de Washington para América Latina", precisou Chomsky.
Destacou ademais que por vez primeira na súa historia, os países de América Latina están decidindo como resolver os seus problemas sen a presenza de EUA. Sinalou que Unasur é un paso moi importante no difícil proceso de integración.
Cuestionou o papel asumido por EUA durante o "golpe militar clasista que sacou do poder ao presidente hondureño Manuel Zelaya". Ao seu xuízo, foi feble a resposta estadounidense, pois non fixo uso da súa influencia. Citou por exemplo que o embaixador de EUA nunca foi retirado de Tegucigalpa nin tampouco ameazaron cunha sanción económica.
Destacou o recente informe de Amnistía Internacional que denuncia graves violacións de Dereitos Humanos en Honduras pola ditadura de Roberto Michelleti. Afirmou que tal información debeu estar nas primeiras páxinas dos medios de comunicación, pero pasou de baixo perfil.
Sobre as accións diplomáticas e comerciais que Venezuela tomou ante a instalación de bases militares estadounidenses en Colombia, Chomsky argumentó que o país só non pode ter unha resposta significativa, e que esa é a tarefa da comunidade de Estados na súa totalidade.
Indicou que a reunión de Unasur que se realizará esta semana, debe ser o espazo axeitado para unha declaración máis contundente, que se opoña á militarización do continente. Os países da rexión, en conxunto, deben deixar moi claro que este é un problema rexional. Débese exixir a instalación dunha chamada zona de paz co fin de impedir calquera tipo de presenza militar estranxeira. "Venezuela pode axudar a impulsar esta proposta, pero soa non pode logralo", engadiu o pensador estadounidense.
Chomsky foi enfático en dicer que si resulta moi perigosa e provocadora a decisión de Colombia, xa que será unha sociedade militarizada vinculada cunha superpotencia, que desexa restabelecer o seu dominio no hemisferio.
Advertiu que Estados Unidos sempre procurará unha escusa para ter presenza noutros países, sobre todo nas rexións estratéxicas que teñan fontes enerxéticas adxacentes.