Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O lume lambe a cidade

Máis de 20 mil persoas evacuadas na área metropolitana de Atenas

Os medios locais fanse eco das denuncias de que a intencionalidade dos incendios estaría motivada pola intención de urbanizar as áreas afectadas.

Redacción - 10:35 24/08/2009

A gravidade da situación, con fortes ventos uníndose á calor e o lume arrasando milleiros de hectáreas á beira de núcleos de poboación no contorno da capital do país, obrigou o goberno grego a pedir apoio aéreo da Unión Europea.

Os lumes que zoupan a zona desde o pasado venres obrigaron as autoridades gregas a mobilizar os medios necesarios para a evacuación de arredor de 20 mil persoas. Ao tempo, diversas vías de comunicación ao norte de Atenas foron paralizados e o executivo recomendou tamén aos veciños que están fóra que adíen a súa volta aos fogares. Os hospitais víronse tamén ateigados de persoas que necesitaron de atención por problemas respiratorios debidos a fume e cinzas.

Diversas autoridades locais e e formacións políticas advirten das posíbeis motivacións especulativas atrás dos lumes, que arrasan con zonas de monte en áreas de potencial urbanístico a pé da capital grega. Na memoria están os graves incendios de 2007, cando arredor de 250 mil hectáreas arderon e até 65 persoas morreron polo lume.

Para ampliar:


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: