Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Logo de ano e medio de interlocución pechada

Cambio de ton pero frouxo avance nas conversas de Marrocos e a Fronte Polisario

A xuntanza de Austria consegue un pequeno acordo para que as familias saharauís poidan visitarse.

Redacción - 11:35 13/08/2009

Irmáns, pais, nais e fillos saharauís levan ás veces lustros sen verse debido ás restricións marroquís para o seu libre desprazamento entre o Sáhara Occidental e os campamentos de Tinduf. A única fiestra aberta, os voos organizados polas Nacións Unidas, mais escasos e cada moito tempo e que acumulan longas listas de espera.

O compromiso para que as familias saharauís poidan agora viaxar por terra, baixo supervisión da ONU, é así a principal novidade saída da xuntanza das delegacións do goberno de Marrocos e da Fronte Polisario, organizada pola delegación da ONU para o Sáhara e celebrada en Austria. Por outro lado, no miolo do debate político non transcendeu avance ningún, non sendo o cambio de ton e a diminución da belixerancia nos discursos. En calquera caso, Marrocos segue mantendo inamovíbel a proposta de autonomía baixo a súa soberanía e a Polisario insiste no dereito a convocar un referendo de autodeterminación.


4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: