Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No medio das protestas

O aiatolá Jamenei confirma a Ahmadineyad na presidencia

Malia a tensa situación e as revoltas, o líder supremo iraniano aprobou oficialmente a vitoria de Mahmoud Ahmadinejad nas eleccións de xuño.

Redacción - 13:30 03/08/2009

"Din que os fillos da revolución confesaron os seus vínculos cos inimigos e un plan para derrocar a República Islámica, mais todo o que eu escoitei foi un xemido que amosa o que soportaron durante estes cincuenta días. Así o censura Mousavi, o candidato que rivalizou nas urnas con Ahmadinejad pola presidencia e que vén denunciando reiteradamente a fraude no proceso electoral.

No mesmo sentido, o ex presidentes Mohamed Jatamí, cualificou de "ilegais" os xuízos ás persoas detidas polas protestas cidadás e advertiu de que isto supón "a violación da constitución, as leis e os dereitos dos cidadáns". Alleo ás protestas, o aiatolá aproveitou para pedir a fin das protestas durante a cerimonia oficial onde se anunciou que Ahmadinejad será presidente un segundo mandato. A toma de posesión e xura de cargo será este mércores no Parlamento iraniano.

Para ampliar:


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: