Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ACTO SIMBÓLICO

Efémero regreso de Zelaya a Honduras

O deposto presidente hondureño volveu cruzar a fronteira con Nicaragua ante o despregamento de forzas colocadas por Micheletti.

Redacción - 10:40 25/07/2009
Manuel Zelaya entrou en Honduras a través dol paso de Las Manos, na fronteira con Nicaragua

Manuel Zelaya entrou en Honduras a través dol paso de Las Manos, na fronteira con Nicaragua

Logo de entrar brevemente en Honduras, nun movemento que xa foi cualificado de "temerario" polas autoridades internacionais, José Manuel Zelaya volveu cruzar a fronteira con Nicaragua, para evitar ser arrestado pola policía hondureña.

O deposto presidente cruzou acompañado pola súa canciller, Patricia Rodas, mentres que na cidade hondureña de El Paraíso, milleiros de manifestantes eran retidos polos militares. Con todo, antes da súa chegada, Zelaya pediu ás forzas militares que "non empreguen a violencia" apelando ao seu "dereito lexítimo" de regresar ao seu país e "atender o mandato que o pobo hondureño me deu".

Mentres cruzaba a fronteira, acto que retransmitiu en directo o canal venezolano Telesur, o mandatario declarou que só está defendendo os seus dereitos e que "os señores que están nesta actitude deben baixar os seus fusís e dialogar, xa que no mundo está en risco o sistema democrático e non debemos ceder neste campo".

Pola súa banda, Micheletti acusou a Zelaya de pretender provocar violencia e reiterou que se dará cumprimento á orde de captura que emitiu a fiscalía logo do golpe de Estado do 28 de xuño, pola suposta comisión de 18 delitos contra a Constitución e cargos de corrupción. Ademais, asegurou que o Exército non detivo a Zelaya na súa entrada ao país para non provocar un conflito con outros países.


5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: