Duplo Son, Trapallada, Rumbongo Band, Disco Verán e A banda da Balbina dispóñense a subir a temperatura deste verán no A polo ghit.
Chega unha nova fin de semana e unha nova quenda de novas candidaturas a ser a canción galega do verán. Desta volta, cinco propostas con moito protagonismo da auga: Duplo Son (Casa do río), Trapallada (Inmunes ás mentiras), Rumbongo Band (Ponme unha birriña), Disco Verán (As ondas do mar) e A banda da Balbina (O fillo do mar). Xa se poden escoitar, descargar, votar e opinar na web de A polo ghit!
Duplo Son estréase en A Polo Ghit con Casa do río. A banda fórmana Brandán: Clarinete baixo, guitarra acústica, Anahí: Voz, Jorge: Guitarra eléctrica, Tono: Baixo, Dani: Batería, Tarteiras (David): Percusión, Charlie (Victor): Percusión.
Un ano máis, o grupo Trapallada preséntase candidato a gañar a canción do verán galega. Inés (trompeta), Pedro (baixo), Marcial (guitarra e voces), Jorge (guitarra e voces), Arnaud (trombón), Rafa (batería).
Rumbongo Band: Esta banda virtual e formada asidua e esporadicamente por músicos de Festicultores é o resultado de longas tardes e noites canábicas e likórikas rodeado de instrumentos e co ordenador a 1000 por hora. Presentamos este tema como alternativa á calor, tamén virtual estes últimos anos, do verán tropical galego. ¿Cando non senta ben unha cervexiña?
Disco Verán: Disco Charly, Disco Edu, Disco Jure e Disco Nano chegan dende Xinzo de Limia cun tema movido composto por Disco Charly e coa esperanza de gañaren A Polo Ghit 2009.
A banda da Balbina nace nos Ánxeles (Brión) a finais do ano 2007. Dende os seus inicios mantén unha proposta que mestura ritmo e melodía ca musicalidade da lingua galega. Despóis do éxito da edición pasada co tema "Estomballada" presenta este ano "O Fillo Do Mar", esperando que teña, polo menos, a mesma repercusión e vos faga bailar nas verbenas de toda Galicia.