Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Política fiscal e financeira

As CC.AA 'populares' absteranse na votación do financiamento autonómico

O conselleiro de Economía e Facenda de Madrid anunciou o acordo da dirección estatal do partido, que nun principio pensara en votar en contra.

Redacción / EP - 18:15 15/07/2009
Antonio Beteta

Antonio Beteta

As Comunidades Autónomas (CC.AA) gobernadas polo PP absteranse na votación sobre o novo modelo de financiamento autonómico por orde da dirección estatal. O conselleiro de Economía e Facenda de Madrid, Antonio Beteta, asegurou que se acordou ese voto "mantendo a nosa oposición ao modelo" e "entendendo que lle prexudica" a todo o Estado Español.

Así as cousas, a Comunidade de Madrid, ao igual que o resto das gobernadas polo Partido Popular, absterase na reunión do Consello de Política Fiscal e Financeira. O conselleiro dixo que "non ten a máis mínima lóxica que un catalán reciba o dobre que un madrileño", aínda que asegurou que ía "escoitar as palabras da vicepresidenta segunda por se cambia algúns dos temas".

En principio, a presidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre, anunciara que o seu representante votaría en contra, a pesar de que agora se acordou absterse.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: